xoves, 6 de abril de 2017

Sentimentos a flor de pel

Nunha actividade formada por 16 participantes de 2º e 4º da ESO, realizaron unha clase moi divertida, orixinal e práctica chamada " Emocións ".
Os rapaces e rapazas que se apuntaron a esta actividade fixérono para pasar un anaco divertido e agradable. Comezaron vendo unhas imaxes para adiviñar o que intentaba expresar ese neno ou nena en cada imaxe e, máis tarde, seguiron dicindo que lles transmitían as fotos que o profesor de infantil, Ramón, lles ensinaba.
Esta actividade estaba pensada para que os nenos e nenas se percatasen de que algúns xestos poden coincidir, pero dependendo doutros, cambia totalmente o significado que expresan. Isto ben sendo a chamada linguaxe non verbal.

Ningún comentario:

Publicar un comentario