venres, 7 de abril de 2017

Camilo:o último guerrilleiro de Galicia

O mércores visitounos Juan Sebastián, o creador da curta dos Guerrilleiros (Camilo: o últitmo guerrilleiro de Galicia), onde nos contaba a vida dun home en época de Franco, que viviu a guerra na súa plenitude e que nos conta a súa triste vida. O autor desta curta, un rapaz novo, busca sempre facer un lugar no mundo para o seu documental e para futuros traballos, pois quere mostrarlle ao mundo a verdade, sen censura. E por isto é polo que unha parte do alumnado chorou co documental, debido á triste realidade dunha vida de guerra, morte e sufrimento. Na entrevista, Juan Sebastián cóntanos algo máis da súa personalidade e do seu traballo, así como da súa carreira e do que lle gustaría cambiar. Podedes ver a entrevista enteira no noso blog.

Ningún comentario:

Publicar un comentario