martes, 18 de abril de 2017

Acordes de alegría

O profesor Javier Naya é un grande no relativo á guitarra. Isto débese aos seus estudos no conservatorio con este instrumento. E a que vén toda esta charla? Ao seu obradoiro: un obradoiro de guitarra. Neste obradoiro ensinoulle ao alumnado a teoría sobre diferentes instrumentos da familia da guitarra, ademais de ensinarlles algúns amateurs e mesmo fixo unha interpretación dalgunhas cancións para amosarlles o incrible que pode chegar a ser estes fantásticos instrumentos.

Dous pés e un balón

Donato visitounos xunto con Héctor, o autor do seu libro co mesmo nome desta estrela do fútbol. Dounos unha charla sobre a súa vida, contada no libro de Héctor Pose. O seu autor tamén nos falou del, contando só marabillas desta personaxe brasileira que marcou a vida dunha xeración enteira.

A portada está composta polos pés de Donato e o balón do seu derradeiro partido co Deportivo, aos corenta e un anos de idade.

Invasión francófona no CPI As Revoltas

O alumnado francés visitounos durante unha semana que cadrou coa semana cultural do centro. Foron de vistita por Cabana, A Coruña, Santiago de Compostela, Fisterra e máis zonas preto de Cabana. Tamén participaron nalgunhas xornadas culturais, como o recital e a percusión corporal. Marcharon cunha mestura de tristeza por deixarnos e alegría polo tempo compartido co noso alumnado cabanés.

venres, 7 de abril de 2017

INTRODUCCIÓN Á SEMANA

A semana cultural deste ano 2017 foi moi completa. Houbo charlas, talleres, obradoiros, etc. Pero tamén houbo un taller de periodismo de onde sae este xornal: o Cultural News. Nel resumimos estas xornadas en pequenos parrágrafos que, esperemos, fagan xustiza á diversión e ledicia deses momentos.

Investigando o minúsculo


O mércores , xoves e venres houbo actividades nas que participaron os rapaces de secundaria. Fixeron varias actividades como, por exemplo, o taller de ADN , que trataba sobre realizar técnicas de laboratorio sinxelas para extraer de xeito caseiro as moléculas .Tamén houbo taller de microscopio , que impartía un alumno de 4 da ESO e no que lles explicaba as partes do microscopio e como se usaba. Houbo tamén un taller de ciencias o cal daba a mestra Ceciliia cos alumnos de 4 da ESO e no que se observaban as células do seu epitelio bucal e as células en división da raíz de cebolas.

Charlas agora, feitos mañá


Algo que non faltou na semana cultural foron as charlas. Dende os máis pequenos ata os que desfrutan do seu derradeiro ano neste colexio tiveron que asistir a numerosas conferencias, pero, iso si, de temas moi variados. Algunhas delas trataron de concienciar ao alumnado de temas que concernen a toda a sociedade, como a de Suprime o control, que, enfocada aos alumnos e alumnas de 4º da ESO, trata de concienciar sobre a realidade machista á que nos enfrontaremos ou á que xa nos estamos a enfrontar, ou como a da Garda Civil, que trata sobre os temas de acoso e ciberbulling que, tristemente, está a ocorrer moi a miúdo. Pero non todas trataron de sucesos tan tristes.Estou falando de, por exemplo, a charla dunha investigadora do CSIC, a cal intentou impregnar ao alumnado o seu afán de descubrir e coñecer.

Falando sen sons


Unha actividade que houbo este ano nas xornadas culturais foi a linguaxe de signos. Nesta actividade, na que participaba o alumnado dende infantil ata 2º,unha monitora ía ensinando certas palabras nesta linguaxe mentres Érica unha das mestras d'As Revoltas as ía relacionando coas imaxes correspondentes. Deste xeito, os máis pequenos do colexio puideron apreciar a importancia desta linguaxe.