O
profesor Javier Naya é un grande no relativo á guitarra. Isto débese aos seus
estudos no conservatorio con este instrumento. E a que vén toda esta charla? Ao
seu obradoiro: un obradoiro de guitarra. Neste obradoiro ensinoulle ao alumnado
a teoría sobre diferentes instrumentos da familia da guitarra, ademais de
ensinarlles algúns amateurs e mesmo fixo unha interpretación dalgunhas cancións
para amosarlles o incrible que pode chegar a ser estes fantásticos
instrumentos.
martes, 18 de abril de 2017
Dous pés e un balón
Donato
visitounos xunto con Héctor, o autor do seu libro co mesmo nome desta estrela
do fútbol. Dounos unha charla sobre a súa vida, contada no libro de Héctor
Pose. O seu autor tamén nos falou del, contando só marabillas desta personaxe
brasileira que marcou a vida dunha xeración enteira.
A portada
está composta polos pés de Donato e o balón do seu derradeiro partido co
Deportivo, aos corenta e un anos de idade.
Invasión francófona no CPI As Revoltas
O
alumnado francés visitounos durante unha semana que cadrou coa semana cultural
do centro. Foron de vistita por Cabana, A Coruña, Santiago de Compostela,
Fisterra e máis zonas preto de Cabana. Tamén participaron nalgunhas xornadas
culturais, como o recital e a percusión corporal. Marcharon cunha mestura de
tristeza por deixarnos e alegría polo tempo compartido co noso alumnado cabanés.
venres, 7 de abril de 2017
INTRODUCCIÓN Á SEMANA
A semana cultural
deste ano 2017 foi moi completa. Houbo charlas, talleres, obradoiros, etc. Pero
tamén houbo un taller de periodismo de onde sae este xornal: o Cultural News. Nel
resumimos estas xornadas en pequenos parrágrafos que, esperemos, fagan xustiza
á diversión e ledicia deses momentos.
Investigando o minúsculo
O mércores , xoves
e venres houbo actividades nas que participaron os rapaces de
secundaria. Fixeron varias actividades como, por exemplo, o taller de
ADN , que trataba sobre realizar técnicas de laboratorio sinxelas
para extraer de xeito caseiro as moléculas .Tamén houbo taller de
microscopio , que impartía un alumno de 4 da ESO e no que lles
explicaba as partes do microscopio e como se usaba. Houbo tamén un
taller de ciencias o cal daba a mestra Ceciliia cos alumnos de 4 da
ESO e no que se observaban as células do seu epitelio bucal e as
células en división da raíz de cebolas.
Charlas agora, feitos mañá
Algo que non faltou
na semana cultural foron as charlas. Dende os máis pequenos ata os
que desfrutan do seu derradeiro ano neste colexio tiveron que asistir a
numerosas conferencias, pero, iso si, de temas moi variados. Algunhas
delas trataron de concienciar ao alumnado de temas que concernen a
toda a sociedade, como a de Suprime o control, que, enfocada aos
alumnos e alumnas de 4º da ESO, trata de concienciar sobre a
realidade machista á que nos enfrontaremos ou á que xa nos estamos
a enfrontar, ou como a da Garda Civil, que trata sobre os temas de
acoso e ciberbulling que, tristemente, está a ocorrer moi a miúdo.
Pero non todas trataron de sucesos tan tristes.Estou falando de, por
exemplo, a charla dunha investigadora do CSIC, a cal intentou
impregnar ao alumnado o seu afán de descubrir e coñecer.
Falando sen sons
Unha
actividade que houbo este ano nas xornadas culturais foi a linguaxe
de signos. Nesta actividade, na que participaba o alumnado dende
infantil ata 2º,unha monitora ía ensinando certas palabras nesta
linguaxe mentres Érica unha das mestras d'As Revoltas as ía
relacionando coas imaxes correspondentes. Deste xeito, os máis
pequenos do colexio puideron apreciar a importancia desta linguaxe.
Camilo:o último guerrilleiro de Galicia
O mércores
visitounos Juan Sebastián, o creador da curta dos Guerrilleiros (Camilo: o últitmo guerrilleiro de Galicia), onde nos
contaba a vida dun home en época de Franco, que viviu a guerra na súa plenitude
e que nos conta a súa triste vida. O autor desta curta, un rapaz novo, busca
sempre facer un lugar no mundo para o seu documental e para futuros traballos,
pois quere mostrarlle ao mundo a verdade, sen censura. E por isto é polo que
unha parte do alumnado chorou co documental, debido á triste realidade dunha
vida de guerra, morte e sufrimento. Na entrevista, Juan Sebastián cóntanos algo
máis da súa personalidade e do seu traballo, así como da súa carreira e do que
lle gustaría cambiar. Podedes ver a entrevista enteira no noso blog.
Unha semana moi movida
Os alumnos e alumnas
de 1º ata 4º da ESO, puideron asistir a diversas actividades
físicas como malabares, no que disfrutaban lanzando ao aire diversos
materiais; tenis de mesa, no que os alumnos e alumnas podían xogar
entre eles ou contra o mestre Carlos; disco volador, como ben di a
palabra lanzaban discos e o outro da parella tiña que intentar
collelo; diversos xogos de mesa,; e, por último, trampolín, unha
actividade na que podían facer diversas volteretas e
pinchacarneiros. Unha actividade que sen dúbida arrasou entre
alumnado de secundaria do centro foi o torneo de basket, no que
alumnado quedou moi contento por esta actividade divertida e san.
Comida con acento inglés
Os alumnos e alumnas
de infantil a 6º de primaria, fixeron un incrible taller coa
profesora Puri. Este taller consistía en facer unha combinación
saudable con froitas, vexetais e outros. A maioría deles, gustoulle
ese taller xa que mentres facían suculentas e divertidas comidas,
tamén aprendían vocabulario en inglés.
Da poesía á narrativa, pasando pola política
Darío Xohán
Cabana… É un dos autores contemporáneos máis importantes de Galicia. Pero que
se atopa no fondo das súas obras? Que pasa polo seu maxín ao escribilas? Como é
Darío na súa vida persoal? Pois nós investigamos un pouco e descubrimos moitas
cousas sobre a súa vida, pero o que máis importancia ten está no noso blog na
entrevista que lle fixemos. Literatura, vida persoal, política… Todo isto é o
que aprendemos deste grande escritor, con opinión críticas sobre outros e,
sobre todo, sobre el mesmo.
Comezou a
escribir na súa adolescencia, pero a súa paixón pola lectura comezou moito antes.
Con dez anos xa tiña lido O Quixote e coleccionaba os pequenos contos de fadas
que traían as libras de chocolate, chegando a ter máis de sesenta diferentes! No
relativo á volta á escritura pensa que non vai volver a escribir debido á súa
idade. E en canto á política non variou, xa que segue sendo de esquerda
nacionalista, e danos unha visión crítica do mundo.
xoves, 6 de abril de 2017
Abracadabra seno de alfa!
As matemáticas...algo tan lóxico,tan
ordenado,tan...máxico?Si, máxico. No CPI As Revoltas isto quedou ben
claro tras a visita de Suso Blanco, un profesor de matemáticas que,
nunha hora, cambiou radicalmente a visión dos alumnos sobre esta
asignatura. Para isto valeuse de diversos trucos e acertixos, os
cales deixaron boquiaberto a máis dun alumno alí presente. Ao
final desta velada chea de maxia ,os alumnos e alumnas afirmaron
sentir certo “cambio positivo” en canto á súa relación coas
matemáticas...Estarán enfeitizados?
Obradoiro de Escrita Creativa
O Obradoiro de Escrita Creativa tentará que o alumnado lle perda o medo a escribir e vexa que é posible facer poemas ou micorrelatos só co poder da súa imaxinación e coa habilidade da súa escrita. Coa axuda de a profesora de Lingua e Literatura Galega, Ana Isabel, faremos poemas, recrearemos outros, escribiremos pequenos relatos colectivos, micropoemas, caligramas, collaxes, etc. É posible turrar da nosa creatividade e converternos en poetas por un día. É doado e axuda á nosa cabeciña!! E moitos destes textos creativos recitarémolos ou lerémolos nun acto conmemorativo nas Letras Galegas.
Luces, cámara... ACCIÓN!
Dúas películas estadounidenses, unha película francesa e
outra... Galega! Estes foron os filmes que nos ofreceron nas xornadas culturais
no referido á cinematografía. Todas tiveron unha boa acollida, debido ao alto
nivel que estas posúen. Todas eran de animación menos A lingua das bolboretas,
que é a galega, pero estaban destinadas a todo o público que quixese velas. Así
conseguiron moitos espectadores, aínda que A lingua das bolboretas só foi posta
para o alumnado de Secundaria debido ao seu contido político e algo restrinxido
para os máis pequenos. É por iso polo que non conseguiu tanta xente coma as
outras.
Bícame ;-)
Grazas a Talía teatro, abrimos os ollos ante unha realidade
tan preocupante como é a perda do galego e os prexuízos da xente que máis se
repiten, pero sempre cun ton humorístico e ameno. E aínda que o asunto non é
para bromas, rimos un anaco ao decatarnos
do absurdo do tema.
A obra Bicos con lingua non deixou a ninguén indiferente, pero si que deixou un sorriso nos beizos de todos os presentes.
Sentimentos a flor de pel
Nunha actividade formada por 16 participantes de 2º e 4º da
ESO, realizaron unha clase moi divertida, orixinal e práctica chamada "
Emocións ".
Os rapaces e rapazas que se apuntaron a esta actividade
fixérono para pasar un anaco divertido e agradable. Comezaron vendo unhas
imaxes para adiviñar o que intentaba expresar ese neno ou nena en cada imaxe e,
máis tarde, seguiron dicindo que lles transmitían as fotos que o profesor de
infantil, Ramón, lles ensinaba.
Esta actividade estaba pensada para que os nenos e nenas se
percatasen de que algúns xestos poden coincidir, pero dependendo doutros,
cambia totalmente o significado que expresan. Isto ben sendo a chamada linguaxe
non verbal.
Clases a ritmo de muiñeira
En canto nos
achegamos á entrada de secundaria, gargalladas e barullo dannos unha
calorosa benvida. Alí atopámonos con Matilde, unha pedagoga que
,por un día ,decidiu cambiar de profesión e adicarse á impartición
de clases de baile galego. Entusiasta dende o primeiro momento,
explica (tanto a nós como ao alumnado) como é o baile galego e
algúns dos seus pasos máis sinxelos nunha especie de iniciación
e, sen esperar máis, colle unha pandeireta e comeza a cantar,
invadindo coa súa alegría todo ese espazo. Os alumnos e alumnas,
incapaces de non sucumbir ante a alegría desta, comezan a bailar e,
aínda que se mostran algo torpes nun comezo, as súas ganas de
aprender fan que vaian mellorando nun intervalo de tempo minúsculo.
Co corazón enfiañado
O alumnado de 2º
puido desfrutar dunha interesante xornada grazas á profesora de
galego Ana Isabel. A actividade , que se levou á cabo na aula de
4ºA, consistía na fabricación de pulseiras mediante diversos
abalorios e fíos. O resultado foron unha serie de preciosas
pulseiras, que, aínda que non conseguiron rematar, sorprenderon
positivamente á profesora, a cal asegurou que esta actividade
requiría un pouquiño máis de expriencia
Viaxes en barcos de papel
Na aula
de Plástica de Secundaria fixemos unha viaxe polo mundo onde Bregua lles
ensinaba a navegar con barcos de papel ou voar coas paxariñas deste mesmo
material polo ceo de Cabana. Tan só coas nosas mans construímos as nosas
propias cidades de papel. O noso maxín encheuse de creatividade e de cores, nun
momento do máis artístico e entretido.
Sorrisos de barro
Onte mancharse foi
por primeira vez unha obrigación no colexio. Isto debeuse á visita
duns traballadores do torno de Buño os cales causaron verdadeiro
entusiasmo entre o alumnado. Non só lles ensinaron como se facía
unha peza de barro no torno, senón que algúns afortunados puideron
fabricar unha por si mesmos. Risos e traballo encheron unha xornada
na que, ao final, todos marcharon cunha pegada de barro nos seus
corazóns.
Un romance musical
O
mércores rematamos a primeira das xornadas culturais no auditorio municipal.
Para comezar o alumnado de 4º de secundaria recitou uns poemas de amor de
autores como Bécquer, Zorrilla, Unamuno… O poemario foi acompañado dunha canción de fondo. Pero moito máis impresionante a que nos representaron as alumnas de música
de 4º da ESO, que nos mostraron a parte máis divertida da canción We Will Rock
You, de Queen, interpretada na guitarra por Javier, o profesor de música. O alumnado
mostrounos a súa parte máis musical cun baile de percusión corporal que deixou
a todo o público abraiado, tanto a parte española como a francesa.
Subscribirse a:
Comentarios (Atom)















